(2)¿Por qué… As Rulas de Bakunin?

Rulas

Habédesme de permitir hoxe, de escribir o artigo en galego. Seica isto vai reducir as miñas nulas visitas a rango negativo pero creo que o propio e escribilo nesta lingua.

Sereivos sincero, hai moi poucos libros de lectura obrigatoria para a asignatura de Lingua Galega no instituto cos que realmente disfrutase, pero sen dúbida este é un deles. E ademais é o mais recente. (Tiven a proba sobre el o pasado luns).

As Rulas de Bakunin é un libro que écheme imposible de non asociar a Procupine Tree (a banda de Rock Progresivo do Reino Unido liderada polo veterano Steven Wilson). Seica toleou diredes, seica non digo eu. Porcupine Tree, coma este libro marabíllanme por unha cousa: Simpleza.

Ou polo menos unha simpleza externa e aparente, cun transfondo de estudo, preparación e técnica realmente abraiante no fondo.

Papei o libro nun par de tardes que voaron, e a falta de cachelos para acompañaren tiven presente unha banda sonora que crin oportuna para a ocasion coma guarnición deste libro especial. Nao, Def Con Dos e incluso Porcupine Tree e mais Portishead foron o apoio perfecto para unha lectura fascinante.

A historia é a dun neno, a dun rapaz e a dun vello anarquista chamado Camilo. Unha historia conmovedora, con mais desgrazas que favores pero dura ante todo. Sirvesenos en curtos capitulos que alternan as distintas etapas da vida do protagonista. Cada unha delas mostranos facetas distinta de Camilo, loitadora, tenra, amabel…

A historia pasada transcorre na zona de Oleiros e A Coruña e a actual en Santiago, penso pois que esto foi un dous puntos que mais me achegou ao libro, o non teren que imaxinar de cero os lugares, simplemente ao leren o nome do lugar unha imaxe subita acodia a miña mente e debuxaba lugares tan familiares para min.

Os xiros argumentais son dignos de mentar tamén, son grandes, pero non bruscos, podes agardalos pero non prevelos conc erteza, danlle unha variedade tráxica á historia incrible que foi, penso, o que me tivo enganchado ao libro tanto tempo.

As personaxes, realmente ben caracterizadas e incluso personaxes historicas fanse querer, gañan unha carisma que realmente non es capaz de ver nun primeiro momento pero que está ahi, facendo que lembres os seus nomes e os seus apelidos sen sequera te fixar demasiado neles.

Todas estas cousas fixeron de As Rulas de Bakunin unha lectura realmente abraiante e que non dubidarei en recomendarvos a todos os que disfrutedes deste tipo de novelas.


Discussion (2)¬

  1. Manuel dice:

    Holaboas, eu son galego tamen e necesito unha pouka axuda,
    poderiasme facer o resumo deste libro? bastante completo?, teño o exame o jueves e faime falat, solo k non me chegou o libro ata hoxe e non me deu tempo a rematalo, uun saudo

  2. Trigork dice:

    Sintoo meu, pero non podo. Creo que nin sequera cheguei a tempo a respostarte pero…
    E un libro que tes que ler, e non llo podo da rlido a alguen a quen lle estou a recomendar a sua lectura completa.

Comment¬